Ir al contenido principal

Entradas

23 FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O pasado venres 23 celebramos o Día de Rosalía de Castro, emblemática autora que levou a nosa lingua e a Galicia por bandeira.  Dende o cole de Parga non quixemos deixar pasar a ocasión sen render a nosa pequena homenaxe a Rosalía, para o que entre todo o alumnado do cole recitaron o seu poema "Cantarte hei, Galicia".  Aquí deixamos o resultado. Cantarte hei, Galicia!
Entradas recientes

VISITA DE ANA MEILÁN

  O pasado martes 20 de febreiro visitounos Ana Meilán, autora de divertidísimos libros como 8 patas , Quen ven a verme esta noite? , O aire do lobo Rigoberto ... A mañá estivo dividida en tres sesións. En primeiro lugar acudiron ao seu contacontos as alumnas e alumnas de EI, xunto cos nenos e nenas que nos visitan os martes no programa "Educando en Familia" do Concello e Guitiriz.  Tras un breve descanso coincidindo co recreo, foi o turno de 1º, 2º e 3º EP. E remataron a xornada os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º cunha sesión de contacontos e un obradoiro de escritura creativa. Adxuntamos un vídeo para que vexades algunhas imaxes da xornada. Vídeo Ana Meilán

CLUB DE LECTURA DO COLE

 A finais do mes de xaneiro deu comezo o noso Club de lectura, destinado a aquel alumnado ten un gran gusto pola lectura e, ded xeito voluntario,  quere pasar un anaco divertido na nosa biblioteca. Comezamos o 24 de xaneiro cunha reunión informativa con todas elas e todos eles. Nesta reunión tratamos os seus gustos e intereses... e decidimos dividirnos en 3 grupos, cada un dos cales leerá un libro diferente. Durante os seguintes días repartimos os libros correspondentes e unha semana máis tarde puxémonos a "traballar" dun xeito moi lúdico. Aquí deixamos fotos dalgunha das reunión do club.

NOVO ESPAZO CREATIVO NA BIBLIO

A pasada semana  puxemos a andar o noso novo “ Espazo Creativo ” na Biblio escolar!  Trátase dun espazo no que o obxectivo é que todo o noso alumnado conte con materiais que lles permitan desenvolver a súa creatividade. Nel atoparán materiais para pulseiras, chaveiros, escritura, pintura... e poderán aportar ideas que serán valoradas para a inclusión de novos materiais. Aquí deixamos algunhas imaxes...

Actividades realizadas no primeiro trimestre do curso 2023/2024

 Durante o primeiro trimestre do curso, realizáronse as seguintes actividades (algunhas de xestión e outras destinadas ao alumnado): Expurgo, reorganización e centralización da nosa biblioteca escolar. Cambio no programa de xestión da biblioteca escolar. Creación de novos espazos de lectura. Samaín : coincidindo co Samaín/Halloween dende a biblioteca escolar propuxemos diversas lecturas relacionadas, e posteriormente un obradoiro coas familias de elaboración de cabazas tradicionais. 25 N : dende a biblio propuxemos unha serie de lecturas relacionadas co  25-N (violencia de xénero, dereitos das mulleres…). Dende as aulas traballaron que é a violencia de xénero e cada alumna/o plasmouno nun folio, posteriormente “rompemos” esas ideas e transformámolas en novas a trravés dun obradoiro de reciclaxe de papel. Amadriñamentos e apadriñamentos lectores por parte das familias: as familias do alumnado de EI acudiron ao centro para contarlles algún conto aos nosos alumnos/as. Edición e publicaci

ESTUDIO DA FLORA DA LOCALIDADE E RECUNCHO DE INSECTOS

 

VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS.